Obxectificación

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OURENSE

Ronald Pena R | EFE

18 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Merquei o libro logo de escoitala falar nunha entrevista sobre as razóns que a levaron a matinar sobre a «hiperobxectificación, sexualización e infantilización» da muller durante a terceira onda do feminismo. No seu libro Girl on Girl: How Pop Culture Turned a Generation of Women Against Themselves («Como a cultura pop volveu unha xeración de mulleres contra si mesmas»), a escritora do Atlantic, Sophie Gilbert, percorre a historia do feminismo dos anos 90 e primeiros dos 2000, reflexionando sobre o papel da pornografía en internet, sobre a súa influencia na cultura pop, e sobre a misoxinia na produción cultural.

Sen dúbida é un tema complicado, pois ao comezo do libro cuestiona as razóns polas que a industria musical foi baixando a media de idade das súas artistas. Como «as mulleres enfurecidas do rock foron substituídas por rapazas do pop máis novas e menos combativas», e como ese cambio tamén foi evidente noutros mundos, como o da moda.

E hei de recoñecer que, ao ler a Gilbert, sentín unha especie de tranquilidade ao atopar, na súa voz, eses mesmos sentimentos encontrados con respecto á representación da muller na industria musical actual, con respecto á complexa relación entre «empoderamento» e «obxectificación». E aínda que non poidamos facer moito acerca diso, entender de onde veñen estas influencias axúdanos a ver por que, ás veces, semella que imos cara atrás cando falamos das mulleres e os seus dereitos.

Escribía Gilbert que «canto máis investigaba, máis parecía que o porno se infiltrara en todos os medios de comunicación de masas». E eu, que non era moi consciente da súa influencia na miña xeración, aprendín moito das súas reflexións...