Invitan a facer a viaxe en tren de Florencio D. Gurriarán con Castelao

La Voz O BARCO

OURENSE

Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio Delgado Gurriarán. Pinto y Chinto

A Fundación FDG continúa as súas actividades o sábado

01 oct 2025 . Actualizado a las 13:30 h.

Sábado 4 • 9.00 horas • Praza do Concello do Barco • En 1934, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao sufriu un traslado forzoso a Badaxoz como funcionario público en represalia polo non posicionamento do Partido Galeguista contra a Revolta de Asturias. Castelao fixo a viaxe ao desterro en tren, sendo acompañado entre paradas por outros galeguistas, entre eles Florencio Delgado Gurriarán, quen se trasladou a Monforte para acompañalo no traxecto ata o Barco de Valdeorras. O sábado, a Fundación Florencio Delgado Gurriarán recreará ese traxecto coa conferencia «Castelao e Florencio, unha conversa no tren do desterro», a cargo dos historiadores Uxío-Breográn Diéguez e Ricardo Gurriarán.

A xornada comezará ás 9 da mañá na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, de onde sairá un autobús cara Monforte para coller o tren das 10.15, no que a fundación ten reservado un vagón. Unha vez a bordo comezará a conferencia, que xirará en torno a dúas etapas: os albores do galeguismo e a guerra civil. Unha vez no ao Barco, a conferencia continuará no salón de actos do edificio multiusos.

A participación na actividade é de balde pero é necesario inscribirse no formulario dispoñible na web florenciodelgadigurriaran.gal.