Ademais de viño, os asistentes degustaron productos galegos con calidade certificada
05 oct 2025 . Actualizado a las 12:45 h.A localidade de Seadur, no municipio valdeorrés de Larouco, celebrou esta fin de semana a cuarta edición da Robla, unha festa coa que o sector vitivinícola pon fin á vendimia na comarca. Na cita participaron cinco adegas e, ademais dos seus viños, os asistentes poideron degustar diversos produtos galegos con certificacións de calidade.
Foi así grazas á colaboración da Conselleira de Medio Rural, que estivo representada na festa polo director da Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria, Martín Alemparte. Así, a proposta gastronómica presentada na cita incluía empanada de pemento de Herbón con queixo de San Simón da Costa ou unha tosta de pan e terneira galega con mostazada de grelo. Tamén houbo un magosto coas primeiras castañas da Indicación Xeográfica Protexida desde produto.