O Barco celebra a súa Festa dos Maios cunha alta participación de centros de ensino

La Voz

OURENSE

A xornada destacou pola exposición de nove figuras tradicionais e artísticas e o tradicional certame de coplas na vila

02 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Barco celebrou a súa Festa dos Maios nunha xornada marcada pola tradición e unha gran afluencia de público que se achegou á feira e exposición aberta desde as once da mañá. Nesta edición participaron un total de nove maios, repartidos en catro tradicionais ou enxebres e cinco artísticos ou figurativos. A programación matinal completouse coa actuación do grupo de baile e música tradicional Cantigas e Agarimos e o cante das catro coplas participantes por parte de nenos dos centros de ensino da vila.

Pola tarde, tras o espectáculo familiar «O carballo con botas», procedeuse á entrega de premios dos concursos convocados polo Concello do Barco. Na categoría de Maio tradicional, o primeiro premio foi para a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán, o segundo para o CEIP Ramón Otero Pedrayo, o terceiro para a ANPA Divina Pastora e o accésit para o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa. No apartado de maio artístico, o CEIP Ramón Otero Pedrayo acadou o primeiro premio, seguido pola ANPA CEIP Rubiá no segundo posto, ASFAVAL no terceiro, e as distincións de accésit para a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa. Finalmente, no concurso de Coplas Tradicionais, o Colexio Divina Pastora resultou gañador do primeiro premio, a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán obtivo o segundo, e entregáronse dous accésits ao CEIP Ramón Otero Pedrayo e ao CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

A Xunta aproveitou a data para estrear unha nova edición de «Danza 3» coa actuación de Cantigas e Agarimos. O programa pretende difundir o patrimonio inmaterial galego