«Parece unha contradición pero estou contento de poder ir a xuízo»

Martínez non descarta volver á primeira liña política nin tampouco un cargo na Cámara

.

ourense / la voz

Antes de ser vicepresidente da Deputación e delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez (1956) foi alcalde do seu pobo, Arnoia. Daquela época datan os feitos polos que será xulgado en breve. Tiveron que pasar doce anos para chegar a este momento.

-¿Satisfeito de ir a xuízo despois de doce anos?

-Si, parece unha contradición pero estou contento de poder ir a xuízo. A verdade é que xa está ben e había que rematar isto dunha vez.

-¿Que lle parece que houbera tanta demora?

-Desde abril do ano pasado que pediu a xuíza de instrución que se presentaran escritos de acusación polas partes, un ano tardou en quitar o auto de apertura de xuízo oral. E iso, sen ler o expediente, porque me consta.

-¿Cónstalle?

-Si, hai uns días estaba a caixa pechada alí e polo tanto non houbo tempo de velo. Simplemente colleuse o escrito de acusación presentado polo PSOE, por Miguel Fidalgo, e transcribiuse no auto de apertura de xuízo oral. Pero bueno, o importante é que por fin se lle dea fin a isto aínda que, como teño dito, o dano xa fixeron o que tiñan que facer. Por tanto, que remate canto antes.

-«Canto antes». ¿Está tan seguro da súa inocencia?

-Eu téñoo tan claro… Primeiro, non hai acusación da Fiscalía. Segundo, ao longo da propia instrución fóronse dando pasos onde dalgunha maneira se corroboraba que non había nada e, polo tanto, os propios denunciantes retíranse do procedemento. Isto non deixa de ser un esperpento. ¿E para isto esperamos doce anos? Como xa fun xulgado mediaticamente moitas veces e con penas de telediario durante tantos anos, pois bendito sexa o xuízo da Xustiza.

-Se sae absolto, ¿volverá á primeira liña? ¿Quizais ao Senado?

-Primeiro teño claro que o que quero é rematar esta situación. Eu estou onde estiven sempre e estou a disposición de botar unha mao se podo. Tamén é verdade que a nivel laboral rematei a miña relación contractual con Abanca e estou, digamos, nunha prexubilación, con idea de coller a xubilación tan pronto me sexa posible. Veremos. Desde logo, estou máis libre que nunca para entreterme, ¿non?

-Entón, ¿valora o Senado como unha posibilidade de futuro?

-Eu no Senado ía na lista de suplente e, polo tanto, hai un titular. Mentres non marche ese titular, non teño nada que dicir.

-Tamén hai rumores de que quere ser vicepresidente da Cámara de Comercio. ¿Queda aparcado ese proxecto polo xuízo?

-Eu son un vogal da Cámara e vouno seguir sendo. Non ten nada que ver este xuízo. Non vexo ningunha relación que se poda buscar entre a Cámara de Comercio e a propia Xustiza, para nada.

-Entón, chegado o día no que se vote ao novo vicepresidente, ¿será vostede candidato?

-Pois non sei se vai haber esa votación ou non. Desde logo, eu estarei na Cámara para o que se me necesite.

-O PSOE tamén quixo implicalo no caso depuradoras. ¿Xestionáronse ben os fondos europeos nesta provincia?

-Iso foi porque dalgunha maneira había que implicarme a min. Como estaba con este procedemento aberto, a ver se entraba tamén no das depuradoras... Eu o das depuradoras sempre o collín un pouco a cachondeo porque eu non intervira absolutamente para nada. Eu fixera as xestións cos alcaldes para instalalas e nada máis. Isto é todo un capricho persoal dalgunha xente do PSOE, pero outra xente do PSOE en moitas ocasións se dirixiu a min dicíndome que isto non tiña sentido e que debería rematarse. Pero hai outra xente…

-Refírese a Miguel Fidalgo.

-Si. Durante 40 anos perdeu todas as eleccións ás que se presentou coa súa xente na Arnoia e viu que a única maneira de apartar a Rogelio disto era mirar a ver se se enmerdaba con algún asunto xudicial. Dalgunha maneira conseguiu que pasara a un segundo plano político, pero eu sigo estando aí e aínda non foi quen para enterrarme. E vou moi tranquilo a ese xuízo oral porque non vexo absolutamente nada. E non é que non o vexa eu; non o viron varios xuíces instrutores, non o viron varios fiscais e, polo tanto, con moita tranquilidade, o que quero é que se celebre canto antes.

El PSOE pedirá explicaciones en el Parlamento gallego

La diputada socialista Noela Blanco anunció ayer, tras conocer el auto de apertura de juicio contra Martínez, que presentará iniciativas parlamentarias para pedir explicaciones al gobierno gallego. Dice que el silencio de la Xunta sobre la situación judicial de su exdelegado es un «escándalo», sobre todo, «despois de seis anos xestionando fondos». Por otro lado, desde la Asociación para o Progreso do Ribeiro, vinculada al PSOE y que ejerce la acusación popular, se mostraron «satisfechos» por el juicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Parece unha contradición pero estou contento de poder ir a xuízo»