«Sempre fun moi emprendedora e estou moi contenta co posto da praza»

La Voz OURENSE / LA VOZ

A MERCA

Isolina Morais en su puesto de la plaza de abastos de Ourense
Isolina Morais en su puesto de la plaza de abastos de Ourense Alberte Paz

Lina Morais, do mercado de abastos de Ourense, protagoniza «8M, mes a mes»

08 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación está a desenvolver a campaña 8M, mes a mes e neste outubro a protagonista é Isolina Morais, Lina. A iniciativa da institución provincial ten como obxectivo promover durante todo o ano a importancia do traballo das mulleres. A homenaxeada neste mes ten dende hai tres anos a súa propia tenda, A horta de Lina, na praza de abastos de Ourense. Un proxecto, o que promoveu no mercado da cidade logo de estar traballando uns anos nunha froitería do mesmo, do que se sente orgullosa pola acollida e a implicación dos clientes ourensáns.

«Sempre fun moi emprendedora e estou moi contenta co posto da praza, e agradecida de que pensaran en min para esta campaña», sinala. Labrega natural de Terroso, en Vilardevós, asentouse hai anos co seu marido no pobo de A Mezquita (A Merca). Comezaron cunha nave e uns poucos animais e a cousa foi medrando de forma importante dende aquela: «Tiñamos uns tenreiros e agora contamos con preto de 600, máis de 200 ovellas, galiñas, unha fábrica de penso e tres naves», apunta. Ceban os xatos ata que están en condicións para a súa venda a matadoiros especializados.

Lina tamén foi vendedora ambulante polos pobos —formouse como carniceira para atender aos clientes e logo engadiulle a froita á súa oferta— e tivo que deixalo logo dun accidente laboral. Comezou na praza de abastos por unha substitución e rematou co seu propio negocio.

«Os clientes animáronme a dar o paso e estou moi contenta de telo feito. Valoran moito o que traio da horta e agora tamén teño produtos tropicais».