Fin ás conferencias sobre o Camiño de San Rosendo

La Voz OURENSE

BANDE

Manuel Riveiro impartiu as charlas sobre o Camiño de San Rosendo.
Manuel Riveiro impartiu as charlas sobre o Camiño de San Rosendo. CEDIDA

O investigador Manuel Rivero protagonizou sete paradas no Camiño

04 dic 2023 . Actualizado a las 18:34 h.

A biblioteca pública municipal de Bande albergou a derradeira charla sobre o camiño xacobeo de San Rosendo plantexada para este outono. Un ciclo de conferencias ao redor deste milenario itinerario de peregrinación que leva o nome do bispo e virrei de Gallaecia, Rosendo Gutiérrez.

Dar a coñecer este camiño entre a poboación local e afondar na súa historia e os fitos que o unen a Compostela foron algúns dos obxectivos que se marcou a Asociación de Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa cando, no mes de outubro plantexou unha serie de charlas da man do investigador e sociólogo Manuel Rivero. Precisamente foi Rivero quen, no verán, foi invitado a impartir a primeira charla na asociación cultural e veciñal de San Cibrao das Viñas, un dos oito concellos ourensáns por onde descorre este ramal portugués da Vía da Prata.

O ciclo comezou o en Celanova, seguindo por Lobios, Lobeira, A Merca, Muíños e Verea, para rematar en Bande.

A orixe bimilenaria desde camiño de peregrinación portugués, que trazaron os romanos unindo Braga e Astorga coa Vía Nova pero tamén o eixo Aquis Querquennis (Bande) coa cidade das Burgas, que se consolidou na rede de camiños medievais, foi a base sobra a cal Manuel Rivero profundou no carácter auténtico, orixinal e primitivo deste Camiño «que xa no século IX percorreron o avó e o pai de San Rosendo», lembrou sobre dous personaxes importantes da época e que, tal e como constatan as fontes documentais da época, asistiron á festa da Traslatio do apóstolo Santiago no século IX. É un camiño custodiado polos templarios, tal e como esta da presencia da Orden no Campo do Gerês (Terras de Bouro) e Cabaleiros (Lobeira) ou en Veiga (A Bola), onde estivo a Orden de Xerusalén.

A importancia de que a poboación coñeza e valore este recurso, que está cheo de cruceiros, petos, capelas e ingresas, pero tamén de bosques centenarios e vestixios castrexos e romanos, é importante para acabar a declaración xacobea deste camiño. Un itinerario que, xunto con outros seis, está a investigar actualmente o CSIC Padre Sarmiento no marco dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia.