«A maior parte do fondo son doazóns»

La Voz

CASTRELO DE MIÑO

santi m. amil

As aportacións de particulares forman a base dos materiais dispoñibles no concello ribeirao

02 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha das características que ten distinguido de xeito singular ao Concello de Castrelo de Miño nos últimos anos é a aposta polas novas tecnoloxías. E nesa liña de actuación, foron nacendo propostas como o edificio cultural «castrelo.info», un espazo onde conviven a aula de novas tecnoloxías ?as Cemit que foi promovendo a Xunta por toda a comunidade para dar servizo aos concellos? e a biblioteca. Esta última ofrece servizos como a lectura de prensa e libros en sala e o préstamo de exemplares para ler na casa. Castrelo.info abre polas tardes, de 16.00 a 20.00 horas e de luns a venres, e como responsable do servizo está unha persoa contratada polo Concello, Carlos Abeledo. A maiores, na biblioteca colaboran tres voluntarios. Antía Reboredo Guitián é unha desas persoas e incide na demanda que rexistran.

«Colaborei no seu día co Banco de Tempo e máis adiante xurdiu a oportunidade de facelo aquí. Fixen no seu día un curso de bibliotecas e como teño que traer ao rapaz a entrenar e agardar por el pois comenteille ao alcalde que podía botarlles unha man. E aí comezou todo», lembra Antía Reboredo.

A Biblioteca de Castrelo de Miño conta con máis de 2.700 referencias catalogados «aínda que calculo que faltan por aí uns seiscentos exemplares por inventariar para incorporar ao fondo» e a maior parte do legado procede de veciños: «Son doazóns de particulares e cando se vai facendo a ficha tamén se incorpora o dato de quen fixo a doazón, para que conste a súa aportación. Dispoñemos de coleccións moi boas, tanto de literatura infantil como novela ou revistas e deuvedés», segundo sinala a voluntaria.

A lectura dos xornais do día, a de libros en sala ou a solicitude de préstamo son as principas iniciativas, xunto co uso como espazo de consulta ou de estudo. Algúns materiais «como as revistas antigas de National Geographic non as presto, esas só se poden ler na biblioteca»,