
O acto será ás 18.30 horas na igrexa
16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 18.30 horas • Igrexa do Burgo (Castro Caldelas) • Coincidindo coa véspera do Día das Letras, o Concello de Castro Caldelas e a unidade parroquial de O Burgo entregan os terceiros premios Foro do Bono Burgo, que buscan destacar o traballo a prol da lingua en diferentes facetas de varias persoas ou asociacións. Desta volta, os recoñecidos son Carlos Prieto, a fundación Novoneira, Marica Campo, Xosé Lois Foxo, Olga Iglesias Fontal, o centro galego de Castellón O Aturuzo, o colexio Inmaculada-La Salle de Santiago de Compostela e a asociación de angitos alumnos, e Lucía Rodríguez.
Os premios Foro do Bono Burgo comenzaron a celebrarse no 2023, coincidindo co 795 aniversario do foro, que está considerado o primeiro escrito en galego que se conserva.
A entrega dos galardóns terá lugar nun acto público dentro da igrexa do Burgo ao que están invitados todos aqueles que quieran asistir. Despois haberá petiscos para todos.