No acto celebrado en Entrimo tamén houbo unha homenaxe póstuma a Xusto Beramendi
05 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O salón de actos da Casa do Concello de Entrimo foi escenario este domingo da entrega do Premio Arraiano Maior. Este ano o galardón foi para a cantante Uxía. «Faime moita ilusión. Este ano ademáis é unha edición especial na que celebran estes 15 anos de arrainaos e arraianas maiores, dende aquela condecoración a Méndez Ferrín. Gústame porque non sempre se recibe algo que sintes tan propio. Eu nacín moi pretiño da raia e síntome de corazón como arrainana, polo que trato de traballar por esa ponte con Portugal, entón estou feliz», explicaba nunha recente entrevista en La Voz de Galicia.
No acto celebrado este domingo tamén houbo un recoñecemento póstumo como Arraiano Universal ao investigador Xusto Beramendi, falecido recentemente.