Rafa Vilar recibe en Maceda o Premio Pura e Dora

La Voz

MACEDA

Gañouno coa súa obra «Os outros oficios»

05 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor ceense Rafa Vilar recolleu onte nun colexio de Maceda o XVI Premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación de Ourense. Vilar foi galardoado, xunto coa ilustradora María Villarino, na modalidade de narración e ilustración pola súa obra «Os outros oficios».

O presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar, felicitou aos gañadores pola calidade literaria e artística das obras premiadas; mentres que Rafa Vilar agradeceu un galardón que, segundo apuntou, «mantén viva a memoria de dúas mulleres fundamentais na nosa vida, como foron Pura e Dora Vázquez». Resaltou o ceense o «dobre valor» deste premio, por ser en galego e para traballos dirixidos á xente nova.