«É unha mágoa que o Museo Arqueolóxico non teña un espazo expositivo propio»

La Voz

MONTERREI

11 ene 2015 . Actualizado a las 04:00 h.

Dende a experiencia, foi director do Arqueolóxico entre 1975 e o 2010, Fariña exprésase cunha lucidez e unha claridade que non deixa espazo para as dúbidas.

-¿Como valora a situación do Arqueolóxico?

-Non é convinte que conteste a eso porque pode dar pé a malosentendidos. Sería bo que a cidadanía, os ourensáns, tomarán conciencia da necesidade e funcionamento do museo, funcionamento que existe e que están aí as súas propostas e exposicións. O que é magoa é que non se teña un espazo expositivo propio.

-O patrimonio non deixa de ser obxecto de polémica. ¿Que lle parece o proxecto de Monterrei?

- Coa austeridade como pretexto estanse a cometer verdadeiras barbaridades. Suprimíronse unha morea de prazas de arquivos, bibliotecas e museos con iso que lle chaman reasignación de efectrivos. Rueda dicía nunha entrevista que ía suprimir chiringuitos e citaba as comisións de Arqueoloxía e Antropoloxía, organismos que se reúnen unha vez ao ano e non o fan dende o 2009 -e só percibían dietas-. Se a iso lle chaman chiringuitos non che quero dicir ao grupo de asesores e pelotas que teñen ao redor, que son uns indocumentados e logo se atreven a opinar de monumentos, patrimonio e do que faga falta. O de Monterrei é inexplicable. Fixéronse dous plans para o conxunto, que non se teñen en conta, e van facer un hotel de 12 habitacións, onde hai outro de 23 que non funciona. Non ten sentido. Gustaríame saber, a min e a todos os cidadáns, cales son as razóns reais do que se está a facer. Con todo só é un exemplo de como se están a facer as cousas, aí está o caso do edificio da igrexa dos franciscanos no parque de San Lázaro ou o que se fixo en San Cibrao de Lás.