Estes sete alumnos de O Barco gañaron os premios do concurso das Letras Galegas

La Voz OURENSE

O BARCO DE VALDEORRAS

Foto de familia dos premiados
Foto de familia dos premiados Cedida

O Centro Comercial Aberto barquense repartiu 200 euros para gastar en librarías do municipio

09 jun 2022 . Actualizado a las 19:26 h.

O Centro Comercial Aberto de O Barco vén de entregar os premios do concurso que organizou para festexar o Día das Letras Galegas. A iniciativa Os vieiros de Florencio, que contou coa colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e dos colexios do municipio, tiña como obxectivo homenaxear ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Por unha banda, a asociación premiou ás seis mellores fotografías, seleccionadas entre todas as que presentaron os alumnos dos centros educativos. As imaxes, que luciron nos establecementos asociados participantes, son de Ana Fernández, do CEIP Condesa de Fenosa; Vega Marcos, do Julio Gurriarán; Abraham Jareb Querales, do Otero Pedrayo; Mailén Aller Pfirter, do Divina Pastora; Eva Álvarez, do IES Lauro Olmo; e de Natalia Teresa Brasa, do Martaguisela. Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25 euros para investir nas librarías do CCA O Barco.

Por outra banda, a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña, na que o alumnado tivo que buscar as fotografías polos comercios e selar o folleto de participación. Extraeron un dos papeliños ao azar da urna do sorteo e foi o de Cloe Yáñez, que recibiu un vale de 50 euros tamén para gastar nas librarías barquenses.