![](https://img.lavdg.com/sc/dCZ1tvp-uVhHj2bUj7JjWMvYF9A=/480x/2017/07/31/00121501519862769702292/Foto/OG1C7F4_185023.jpg)
O festival escénico celebrarase entre os días 5 e 9 de setembro
01 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O Carballiño acollerá entre os días 5 e 9 de setembro unha nova edición do Fetega (Festival de Teatro Galego). Rosendo Fernández (Deputación), Jacobo Sutil (Agadic) e Josi Lage, directora do certame, presentaron a edición deste ano no organismo provincial. Sutil salientou o feito de que dos dez festivais escénicos existentes en Galicia catro son ourensáns e Rosendo Fernández que o Fetega é un dos referentes de Galicia.
Este ano pasarán polo Auditorio do Carballiño Eroski Paraíso (Chévere), A canción do elefante (Redrum Teatro), Dramaturxia das mulheres (Inherente Teatro), Inpronews (Triateros) e Afiando con humor (Sergio Pazos). Os galardóns do certame pasarán a chamarse dende este ano Premios Fetega Dorotea Bárcena. No anfiteatro da Veracruz haberá sesións gratuitas polas tardes.