O Carballiño pón en marcha unha campaña de dinamización lingüística no comercio

LA VOZ OURENSE

O CARBALLIÑO

CEDIDA

A área de Educación do Concello promove o uso do gallego nas tendas da vila

23 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño

Esta campaña está deseñada para fornecer con ma­teriais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clien­tes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.). En cada un dos folios inclúese o logotipo da ins­titución

Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz, parque municipal.