Os alumnos comentaron co escritor as dúbidas e intereses que lles suscitou o libro «A voz do lago»
09 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O escritor Antón Riveiro Coello visitou o CEIP Plurilingüe dos Blancos. O autor participou no clube de lectura do centro e compartiu un rato cos alumnos, que puideron trasladarlle as súas dúbidas e comentar con el cuestións relacionadas co seu libro A voz do lago. Os estudantes leron a publicación e traballaron sobre ela durante este último trimestre do curso.
O escritor, natural de Xinzo, aproveitou para asinar exemplares do seu libro e tamén respondeu a todas as preguntas e curiosidades que tiñan os pequenos de Os Blancos. Riveiro Coello falou da súa traxectoria vital e das inquedanzas que o levaron a ser escritor.