«A Esmorga» estréase este venres en trece localidades galegas

Elisa Álvarez González
Elisa Álvarez SANTIAGO

OURENSE CIUDAD

O director Ignacio Vilar adapta a obra máis recoñecida de Eduardo Blanco Amor

17 nov 2014 . Actualizado a las 20:12 h.

Cibrán, Bocas e Milhomes. Ou o que é o mesmo, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán «Morris». Os tres inesquecibles protagonistas da obra de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga, chegan este venres a todos os cines galegos.

O festival de cine de Ourense acolleu a estrea este pasado fin de semana e o día 21 chega aos cines de trece localidades galegas. O seu director, Ignacio Vilar, asegurou na presentación que «non é entertaiment, senón que é unha experiencia que queremos que emocione e chegue ao espectador». Os tres protagonistas, nun coloquio na Facultade de Ciencias da Comunicación con alumnos, coincidiron en cal foi a parte máis complicada da rodaxe «a chuvia», xa que se rodou nos primeiros meses do ano.

A película, de Vía Láctea Films, Editorial Galaxia e TVG, xa foi dobrada ao castelán polos propios actores, respectando certos pasaxes máis literarios de Blanco Amor, pensando na súa proxección máis alá das salas galegas, pero Ignacio Vilar teno claro «o maior empuxe que pode ter a película é unha resposta moi grande o primeiro fin de semana en Galicia. O cine xógase todo na primeira semana».