O Correlingua pasou por Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

A Praza Maior e o Auditorio acolleron as actividades a prol do galego

15 may 2019 . Actualizado a las 19:49 h.

Como cada maio o Correlingua pasou pola cidade. Case vinte centros de ensino da cidade participaron nos actos que se desenvolveron na Praza Maior e o Auditorio de Ourense para reivindicar o galego. A festa da lingua desenvolveuse na Praza Maior e no Auditorio, con xogos populares, concurso de pancartas, actuacións do grupo de gaitas do CPR Seminario Menor A Inmaculada, lectura do manifesto, proxección dos vídeos gañadores do concurso, actuación do grupo Cuarta xusta, gañador do Cantalingua, entre outras actividades de reivindicación.