Abre o prazo de inscrición para as actividades de verán de Piñor

LA VOZ OURENSE

PIÑOR

Concello de Piñor
Concello de Piñor MIGUEL VILLAR

Funcionarán do 30 de xuño ao 5 de setembro entre las 09.00 e as 14.00 horas

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Piñor pon en marcha unha nova edición do seu programa de actividades infantís de verán baixo o nome «Piñor Concilia Divervarán 2025», cun dobre obxectivo: apoiar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares e ofrecer aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos unha alternativa lúdica e educativa.

O programa, que forma parte dos Plans Corresponsables, estará activo do 30 de xuño ao 5 de setembro, en quendas semanais de luns a venres, entre as 09.00 horas e as 14.00 horas, no Centro Cultural de Arenteiro. A iniciativa está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade.

Durante estas xornadas, os pequenos poderán participar en múltiples talleres e xogos deseñados para aprender mentres se divirten. A participación é totalmente gratuíta e o prazo de inscrición estará aberto do 21 de maio ao 9 de xuño. As familias poden formalizar a solicitude a través dos Servizos Sociais municipais ou da Sede Electrónica do Concello de Piñor, onde tamén se atopan dispoñibles as bases de adxudicación das prazas.