Os nenos de Sandiás exploraron e tocaron instrumentos tradicionais galegos

La Voz

SANDIÁS

Obradoiro de instrumentos musicais no PAI de Sandiás
Obradoiro de instrumentos musicais no PAI de Sandiás Cedida

O Concello organizou a actvidade no marco do Día das Letras Galegas

12 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco das actividades organizadas polo Concello de Sandiás para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás creadoras e transmisoras da poesía popular oral, a Furgoteca fixo unha visita ó Punto de Atención á Infancia (PAI). Alí, os nenos participaron no obradoiro As cantareiras e os instrumentos tradicionais, impartido por Reme Cid a través do Proxecto Cultural de Animación Lectora A Furgoteca.

Durante a sesión, os pequenos gozaron dunha experiencia artística estimulante que incluíu a proxección de música e imaxes do dúo Caamaño&Ameixeiras, así como a oportunidade de explorar e tocar instrumentos tradicionais galegos. Esta actividade brindoulles un primeiro achegamento á poesía cantada, mergullándose nunha tradición oral viva grazas ao labor das cantareiras. Os nenos pasaron un bo anaco entretidos e experimentando cos distintos instrumentos e sorprendéndose cos sons que podían producir.

Ao remate do obradoiro, dirixíronse á Furgoteca para devolver os libros que xa leran e escolmar dous novos para seguir coa lectura na escola.