Xabier Díaz e Adufeiras de Salitren actúan en Verín en decembro

La Voz OURENSE

VERÍN

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en concerto.
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en concerto. Miguel Souto

As entradas xa están á venda en internet

15 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

21 de decembro • Auditorio de Verín • 20.30 horas • 22 euros • Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre farán parada en Verín dentro de súa xira de presentación de «Axúdame a sentir», o seu cuarto disco en conxunto. Nel convidan ao público a recuperar o valor de sentir, «unha palabra que semella perderse na era dixital que vivimos», di Díaz.

Conta que «Axúdame a sentir» era algo que lle decía decote a súa avoa materna, Obdulia. «Nada hai ma?is necesario que sentir e tampouco hai momento ma?is acai?do para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvae?cense ao tempo que medra o binomio virtual-ma?quina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos e? unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, son?ar...», engade.

O concerto do 21 de decembro será unha oportunidade de gozar da música en directo dun dos grupos máis recoñecidos da escena musical tradicional galega, un regalo de Nadal adiantado. Será algo máis de hora e media para gozar, cantar e incluso bailar desde a cadeira. As entradas están á venda de maneira anticipada en ataquilla.com ao prezo de 22 euros.