Raxó celebra o Día das Letras coa entrega dos premios Xaime Isla Couto
CORRESPONSAL | POIO
PONTEVEDRA
15 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a parroquia de Raxó acollerá mañá a entrega dos premios Xaime Isla Couto. Os actos, organizados pola Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó, o Concello de Poio e o Consello da Cultura Galega, arrancarán ás dez da mañá con pasarrúas e alborada. Xa pola tarde, ás 17 horas, Xosé Manuel Salgado impartirá unha conferencia sobre Antón Avilés de Taramancos. No mesmo acto terá lugar a entrega dos premios do concurso literario Xaime Isla Couto, no que nesta edición resultaron premiados, nas súas distintas categorías Cristina García Casas, Sonia González, Lucía Suárez, Marcos Adrián, Juan Carlos Carballa, Úrsula Pérez Casas e María José Carballa.