Poda a man armada

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O da protección da natureza anda cada día peor. Na persecución que mantiveron varios axentes das forzas da orde o mércores no río Gafos para deter a un ladrón, un policía pegou un tiro para intimidar o caco e deulle á folla dun arbusto. Menos mal. A alternativa era que a bala acabara aloxada no corpo do fugado, ou impactando nalgún transeúnte inocente. Para estas cuestións, sen embargo, hai opinións para todos os gustos. Están os que antepoñen os dereitos dos bichos e das prantas sobre os da xente. Como acontece con Brigitte Bardot, a quen lle conmoven máis os ollos das focas que a cara de fame dos inmigrantes que se achegan ó seu país fuxindo da miseria. Seguro que se poidera dirixir a pistola do policía non lle temblaría o pulso. Total, que vale a vida dun desgraciado ó lado da fermosura dunha flor.