Un tío así

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SUPOÑO que quedo totalmente desacreditado como cinéfilo se digo que o outro día marchei da sala polo medio dunha película de Iosseliani, pero recoñézanme que un actor que di cousas como que «hai historias máis apaixonantes detrás dunha señora da limpeza ca detrás dun executivo» chama a atención. Un home capaz de encollerche o corazón facendo de agricultor torturado e estepario e, á vez, de dobrarte de risa cos seus Magical Brothers ten que ter por forza algo. Un tío que sube a recoller a Concha de prata ó mellor actor no festival de San Sebastián cunha especie de barbas-patillas estilo Alfonso XII e unha chapa de Nunca Máis na solapa merece algo máis que un aplauso. A un tipo que mira como mira Luis Tosar, a un paisano tan normal que te fulmina desde a pantalla con cinco palabras, a un tío así ten que arderlle algo dentro do peito.