Tradición e modernidade

La Voz

PONTEVEDRA

19 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Organizada por cores según as edades dos lectores, a colección está formada inicialmente por nove libros nos que as ilustracións son tan importantes como o texto. Galaxia trata de conxugar tradición e modernidade, a convivencia de autores consagrados cos que se incorporan ao mundo literario. Xunto coa obra de Xohana Torres, ilustrada por Federico Fernández, e a de Mariasun Landa, con debuxos de Luis Castro Enjamio, figuran a reedición de Aventuras de Sol, de Alberto Avendaño; Sempre Hausa, de Xoán Babarro; Boris, de Concha Blanco; Dona e don, de Xesús Rábade Paredes y Helena Villar Janeiro e ¿Quen vive aquí?, de Ana María Fernández, ilustradas por Carmela González, Cruz Lago, Orballo, María Lires, e Irene Fra. Contos A colección complétase con tres contos inéditos de Vicente Risco escritos en 1922 e A historia invisible do bico Simón, unha novela de Dolores Ruiz. Tres contos marabillosos está ilustrado por Jacobo Fernández Serrano e a súa aparición o luns nas librerías convertirano no primeiro libro de autor da literatura infantil galega, según resaltou Xosé Neira. A aposta máis nova da colección de Galaxia é a segunda obra de Dolores Ruiz, unha novela de fantasía tinguida de surrealismo, unha historia humorística ilustrada por Belén Padrón, de Poio.