NA ÚLTIMA | O |
06 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A RENOVACIÓN de verdade ven sempre da man da inocencia, donde non hai mala fe, nin actos calculados. Non hai máis que ler a cita que abre a reportaxe de aquí ao lado. Un cativo di que os discos de vinilo non lle valen porque non collen no aparato da casa. Aí está o salto xeneracional que garante a renovación. Hai quince anos, un amigo recelaba dos cedés que comezaban a chegar. «O sonido é demasiado metálico, distorsiona a música», dicía dende a posición privilexiada que lle daba coñecer moitos máis grupos que o resto dos compañeiros. Atesouraba por centos rarezas musicais que non sonaban dende había décadas. Seguramente agora compartirán estantería cos cedés aos que xa lles desapereceron os ecos metálicos que tanto lle molestaban entón na orella. Di Bill Gates que en dez anos desaparecerán tamén os cedés. Será o tempo que tarden os ordenadores en acaparar as funcións que ata o de agora desempeñaban nos fogares da maioría as cadeas musicais. Para entón, o rapaz do repartaxe de aquí ao lado será maior de idade, apenas recordará a primeira vez que viu un vinilo e terá pagado toda a súa vida en euros. E cando lle pregunten canto vale un euro, a única resposta lóxica que atopará vai ser: «Cen céntimos».