Libros para todos

La Voz

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Praza da Ferrería Os organizadores do Salón do Libro Infantil e Xuvenil suliñaron o éxito da cita e o respaldo do público. A súa mascota, Orbil, visita hoxe aos nenos internos no Chop

07 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? organización da sexta edición do Salón do Libro Infantil fixo un balance moi positivo deste encontro que pechou as súas portas o pasado sábado, cun emotivo homenaxe aos escritores e editores Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. O éxito do Salón atribúese á «calidade da programación, das instalacións, da mostra de traballos escolares, a implicación dos centros escolares, a participación de diversas entidades da cidade e galegas, e a resposta do público co incremento de asistencia con respecto ao ano pasado nas actividades da tarde e da noite». Ademáis, as librarías Paz e Seijas recibiron un diploma de Amigos do Salón polo seu apoio e colaboración ao longo das seis edicións. O Concello, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Asociación Cultural Máislibros, organizadores do evento, recoñecen tamén a importancia do espírito colectivo e participativo no desenvolvemento da programación e suliñaron a repercusión e proxección a nivel estatal, a tenor do sinalados polos especialistas asistentes, que o consideran o principal evento do Estado sobre literatura infantil e xuvenil. Novas metas Neste sentido, consideran que «a consolidación do Salón fundaméntase tamén na responsabilidade da organización para mellorar cada ano e marcarse novas metas». Bernardino Graña, Mariasun Landa, Martín Garzo e Pep Montserra foron algúns dos participantes, mentras que o escritor Juan José Millás non puido vir por problemas de saúde, e ten pendiente a súa intervención. Exposicións ? pesares de que o Salón pechou as portas, siguen abertas as exposicións, instalacións artísticas, mostra de libros e traballos escolares. Ata o día 25 poderán visitarse de 17 a 21 horas, de martes a sábados, e tamén os domingos e festivos de 11 a 14 horas. Os escolares da comarca que queiran visitala en grupos, poderán facelo os días 10, 11, 14 e 18, e os do resto da provincia, na semana do 21 ao 25 de febreriro. Polas tardes tamén se organizarán visitas para entidades sociais que trabajllan con nenos e nenas discapacitados. Ademáis, dentro do programa do Salón tamén se inclúe a exposición sobre Capapuchiña vermella que permanecerá abierta na Casa das Campás, de martes a sábados, de 18 a 21 horas e os domingos e festivos de 11 a 14 e de 18 a 21 horas. ?or outra parte, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o lobo Orbil ten previsto visitar hoxe aos nenos ingresados no Hospital Provincial. Acompañado polo al alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Cultura Luis Bará, e contacontos o lobiño e máis o seu séquito repartirá entre os pequenos libros e camisetas.