NA ÚLTIMA | O |
19 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ACABA DE contar Patrick Hemingway, o fillo do escritor, unha cousa que xa era sabida, que o seu pai tiña a España pola súa segunda patria. Tamén dixo, nas xornadas nas que participou estes días en Nova York, que unha das pezas clave na relación do permio Nobel con España foi o carácter honesto e franco dos navarros. Coñeceunos ben durante as súas estancias en Pamplona, despois de que quedara prendado do mundo dos touros e fixera visitas regulares para participar nas festas de San Fermín. A súa presenza nas prazas de touros, e a traducción sobre o papel que tiveron despois na súa obra, fan, segundo recordou Patrick, que moitos estadounidenses coñezan hoxe en día a tradición de correr diante das bestas e a identifiquen sen vacilación algunha con España. Ese é o poder que teñen os grandes creadores, capaces de facer que os costumes dun recuncho do planeta se acaben por convertir en icono mundial e centro de pregrinación. A primeira vez que Hemingway chegou a Pamplona para participar nos Sanfermines foi en 1929. Pero xa oito anos antes, na que foi a súa primeria visita a España, fixo escala en Vigo camiño de Francia. Alí viu outra loita entre home e animal, pescadores contra enormes peixes. Unha imaxe recuperada trinta anos despois en O vello e o mar.