O Concello programa medio centenar de actividades para o «Mes da Lingua»

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

02 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello, en colaboración con máis de trinta asociacións e entidades diversas, organizou un amplo programa de actividades para desenvolver perante todo o mes de maio, Mes da Lingua, no que se reivindica o uso o idioma galego. Teatro, cine, exposicións, conferencias, roteiros, recitais, presentación de libros e obradoiros terán cabida neste programa que comezou onte coa primeira actuación do certame Ven veñas maio, no que participan grupos de alumnos das aulas de teatro dos institutos da cidade. Si ben o día forte é o 17, data da celebración das Letras Galegas que se conmemorará cunha festa na que se fará un mural na Ferrería e un homenaxe en Curros Enríquez a Lugrís Freire, a quen se lle dedica a data, as actividades desenvolveránse todo o mes e tamén nas parroquias do rural. Un dos actos máis destacados será o concerto do grupo Milladoiro, que presentará o seu derradeiro disco, Unha estrela por guía, inspirado na obra de Manuel María. A súa actuación será o día 20, ás 21 horas, no Pazo da Cultura. Tamén levarase a cabo a carreira escolar pola lingua, o día 22, e varias conferencias sobre a vida e obra do escritor homenaxeado, e sobre o que o Concello editou un díptico. O día 21 levarase a cabo a sétima edición da Festa de Convivencia no Burgo, unha xornadas con música, xantar campestre e xogos populares. Entre os libros que se presentarán están Represión e alzamento militar, de Carlos Velasco Souto, el día 5; Catro anos a bordo dunha illa. Memorias dun preso en San Simón, de Evaristo Mosquera, el 16, e Unha ollada feminina na literatura, de Teresa Moure, el 30 de maio.