CAPITAL E TAL | O |
16 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A FICCIÓN sempre acostuma a superar a realidade. A cidade de Pontevedra e os seus moradores empezan a sufrilo nas súas carnes. A eliminación do Pontevedra Clube de Fútbol parecía un bo título de película andaluza deste xénero. Pero unha vez mais a ficción superou a realidade. Del Nido se convirtiu no mellor director de cine e o seu porteiro en actor principal da maior pesadela de Nino Mirón, presidente do clube, de Alberto Argibay, o adestrador dos ultimos anos, e dos sufridos afeccionados do Pontevedra. Pero este fenómeno alegórico non se quedou só na cuestión do fútbol. O goberno municipal de Pontevedra, ese guionista das rúas estreitas, dos pétreos bolardos e das rotondas imposibles, escribe unha nova historia de ciencia ficción: a Cidade das Bicicletas. Me explico. Os nosos gobernantes propóñennos agora que collamos o triciclo e que faigamos a nosa vida a pedais. ¿Alguén se imaxina aos cidadáns pontevedreses, acostumados á dobre e á triple fila, a levar o coche ata a porta da tenda, da cafetería ou incluso da gardería do neno, paseando en preciosos tándems coa cesta lista para as compras e a bocina preparada para ruxir nos atascos? En fin, o Sevilla B acudiu á ciencia ficción, a soñar coa épica de costas ó realismo. As autoridades locais acuden tamén a este xénero peliculesco para tentar de convecernos de que a cidade non é que se peche, cal ciudadela de anos atrás, senón que con dúas rodas os atascos vense doutro xeito. Ó Sevilla B saíulle ben, pero xa se sabe, fútbol é fútbol, lastimosamente para os nosos políticos, facer cidade é algo mais que fútbol e que inventar contos de fadas cara a galería.