O cantautor Javier Krahe ofrece esta noite un concerto na sala Karma

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

16 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?inte anos de traxectoria musical e once discos avalan ao cantautor Javier Krahe, que esta noite volverá a Pontevedra para ofrecer un concerto na sala Karma (ubicada na rúa Riestra, número 34). Krahe se deu a coñecer cunhas primeiras actuacións públicas a principios dos oitenta, auspiciado por Chicho Sánchez Ferlosio. Pronto fuxiu da canción protesta da Transición, contaxiado pola corrente renovadora da canción de autor francesa de finais dos 50, encabezada por Georges Brassens. Nos seus temas, o autor fai gala dunha ironía mordaz e desenfreada no seu retrato da sociedade, aínda que tamén pode ser romántico. As mulleres son o tema central da súa obra e nalgunha ocasión ten dito que non o vai deixar, porque «da repertorio». Din tamén que na súa música «la realidad se convierte en broma y el esperpento se funde con el mundo real». O perfil de Krahe é o de un cantautor de culto, polo que non apostou realmente ningunha discográfica, pero que ten un público entusiasta. No ano 2004, unha treintena de autores lle rendeu homenaxe nun cedé que recollía os seus temas cantados por Joaquín Sabina ou Enrique Morente entre outros. A entrada para o concerto, que comezará ás 22.30 horas, custa oito euros de forma anticipada e dez nas taquillas. As localidades véndense na Tienda Tipo, la Cervecería Il Divo e na propia sala Karma.