Máis boa vila que nunca

La Voz

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

Praza da Ferrería O Concello ven de editar o almanaque do 2007 adicado ao proceso de transformación da cidade con profusión de fotos que resumen tamén o ano esgotado

30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O almanaque 2007 do Concello de Pontevedra xa está na rúa. nesta ocasión está dedicado ao proceso de transformación e modernización da cidade, incorporando ademais imaxes dalgúns dos acontecementos máis resaltables do 2006. A asociación de fotógrafos Homo Ludens colaborou na edición deste calendario de sobremesa, achegando un total de 70 imaxes en color e branco e negro, das que foron seleccionadas 24 polo departamento de comunicación municipal. Os autores son quince fotógrafos: Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez, Victoria Garrido Zalaya, Evaristo Sieiro Durán, Pablo Bernardo García Castro, Luis Pereiro Gómez, Ignacio Vivancos Santos, José María Solla Casqueiro, Amancio Castro González, Francisco José Gómez Gómez, Guillermo González, José Manuel Estévez Garea, Rafael Fuentes García, Iñaqui García, Gustavo Santos e Miguel Iglesias Pena. As fotografías publicadas neste almanaque recollen detalles da cidade que ás veces pasan desapercibidos e outras imaxes rememoran os acontecementos máis destacados do ano que ramata, como os incendios forestais de agosto pasado, as inundacións do outono ou mesmo a «cidade crítica e irónica» con respecto á campaña Puro Lérez, que foi o tema principal do calendario do 2006. Tamén hai unha fotografía cedida polos veciños de Ponte Sampaio. ? Tirada O Concello editou 15.000 exemplares deste almanaque que está a disposición de todos os pontevedreses na Casa Consistorial. Ademais, será enviado a outros concellos co obxectivo de servir tamén como promoción para o exterior. De enero a diciembre A portada do calendario é a escultura do loro Ravachol, emblemático personaxe do entroido pontevedrés. Xaneiro ilústrase co campanario de Santa María e co violín de Manuel Quiroga da escultura da praza de San José. Febreiro, coa fonte da Ferrería e a recentemente rehabilitada praza de Concepción Arenal . Marzo, coa fonte da Glorieta de Compostela. Abril, co Puro Lérez crítico e a fonte da praza de Galicia. Maio ilústrase coa ponte da Avenida de Vigo e o monumento a Bóveda en Curros Enríquez. Xuño, có entorna dos centros culturais de Caixa Galicia e Caixanova, na praza de San Xosé, así como cos piragüistas adestrándose no Lérez. En xullo figuran dúas imaxes do tapeo no casco histórico. Agosto ofrece unha escena festiva do programa da Peregrina e a dramática columna de fume dos incendios nos montes que rodean a cidade. Setembro identifícase coa pasarela peonil sobre o río Lérez e a estatua da Praza dá Liberdade. Outubro recorda un das pontes Ponche Sampaio que esnaquizou a riada e está en proceso de restauración, ademais dunha imaxe otoñal da Alameda. Novembro ofrece o Mosteiro de Lérez e o recentemente inaugurado monumento en memoria das vítimas do franquismo a beira do Lérez. E para decembro, as fotos elixidas reflicten o ambiente do Nadal a través dos escaparates comerciais e a entrada ao mercado.