Praza da Ferrería
22 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O vestíbulo da Casa das Campás semella estes días unha tenda de roupa. Pero baixo as curiosas prendas expostas figura unha evidente denuncia á explotación laboral por parte dalgunhas firmas do téxtil en países de Asia ou África. Tendo en conta que o 70% das persoas que están traballando en estas condicións son mulleres, a oenexé Implicadas no Desenvolvemento organizou esta exposición contando para ela só con artistas femininas. Unha das creadoras participantes é Mar Caldas, que ademais tamén coordina a mostra e que subliñou que se «busca combinar a estética cunha implicación máis social». Xunto a ela figuran Almudena Fernández Fariña, Berta Cáccamo, Andrea Costas, Carme Nogueira, Carmen Suárez, Itziar Ezquieta, Las Pingüinas (Natalia Umpiérrez y Sara García), Renata Otero y Rosalía Pazo Maside. Tanto a devandita oenexé como as propias artistas recolleron roupa das firmas ás que achacan a explotación laboral para logo reinventar as prendas baixo a súa visión artística. Así, por exemplo, Mar Caldas coseu nunha camiseta as palabras oriente e occidente, aínda que semella que a de oriente vai deshilándose mentres máis agullas rechean a de occidente. Noutro diseño, Almudena Fernández estampa noutra camiseta «o visible» das empresas do téxtil cando falan de si mesmas, mentres que nos pliegues da saia que leva conxuntada figura «outra realidade», representada en verbas como «esclavitude», «inseguridade» ou «falta de hixiene». A obsesión polas marcas está presente na obra de Renata Otero (unha moza que se ve no espello do probador, aínda que baixo ese espello tamén vese a trastenda do téxtil denunciada na mostra) ou tamén na cazadora que presenta Andrea Costas. Hai quen é máis explícita, como Carmen Suárez, cunha camiseta que presenta as mans dunha muller cosidas ao propio tecido ou as deseñadas por Itziar Ezquieta, baseadas no concepto da ferida, máis ou menos ocultas. Ao marxe das pezas, a exposición conta tamén cuns paneis explicativos que facilitan información sobre as condicións en que viven os traballadores deses países, así como das opcións de comercio xusto que hai como alternativa. Entren e proben... E dunha crítica nada velada a algunhas empresas do téxtil a unha felicitación, en concreto aos servizos da Policía Local e Protección Civil de Sanxenxo. Foi a Consellería de Medio Ambiente, a través da súa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a que recoñeceu a labor dos devanditos corpos en materia medioambiental, especialmente no que se refire á cooperación desenvolvida nos avisos e asistencia dos animais de especies mariñas que aparecen varados nas costas da ría pontevedresa. A través dos informes anuais da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) desde 1999, a consellería destaca que lle constan «as dificultades que entrana a casuística dos varamentos». Na neve E non na auga, senón na neve, estará o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores esta semana. O rexedor non renuncia a súa semana blanca de enero para practicar un dos seus deportes favoritos, o esquí. Na súa ausencia, Teresa Casal exercerá de alcaldesa, así que terá tamén que esquivar asuntos a golpe de eslalon. Por certo que xa practicou o sábado no pleno dos Cidade de Pontevedra, onde dicen que saludou cun agarimoso bico ao concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, despois do polémico pleno do PXOM. Iso antes de volverlle a dar caña onte co tema...