O Bloque presenta o seu programa sobre natureza, pesca e náutica

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

O BNG presentou onte as liñas do seu programa que teñen que ver coa pesca, o marisqueo, a natureza e os deportes naúticos. Entre os retos do Bloque para o próximo mandato municipal están os de conseguir que o fondo da ría de Pontevedra sexa declarada na súa totalidade zona A de marisqueo. Agora os vertidos impiden que a calidade das augas sexa suficiente para esa catalogación. O candidato nacionalista á alcaldía, Miguel Anxo Fernández Lores, considera que o traslado de Ence e o saneamento son, neste sentido, prioritarios para a formación pola que concurre ás eleccións municipais. Asimesmo, propón a recuperación das marxes dos ríos e a ampliación do número de amarres no actual porto deportivo de Pontevedra, e por en marcha o plan Monte Vivo. Sendas peatonais e a creación dunha praia no Lérez son outras das actuacións que promete o BNG. Segundo a formación nacionalista, o obxectivo socioeconómico final e que se poida incrementar o número total de mariscadores en Pontevedra despois do traslado da factoría de Ence da súa actual ubicación en Lourizán, prevista para o 2018, segundo confirmaron a pasada semana fontes da empresa na xunta xeral de accionistas.