Proxección de «Blade Runner» de Ridley Scott

La Voz

PONTEVEDRA

CAFÉ MODERNO | 20.00 HORAS

21 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Caixa Galicia ofrece hoxe a proxección da película de Ridley Scott Blade Runner, dentro do ciclo Xogando co tempo. Baseada no relato de Philip K. Dick Soán os androides con ovellas eléctricas? Hamton Fancher adquire por mediación de Ray Bradbury os dereitos do texto. Ridley Scott marcou un fito pola súa proposta plástica e visual, pola dirección artística, a recreación dunha cidade no futuro, as luces de neón dunha civilización onde a orde política e social se volve confusa e ditatotial. A película, que data de 1982, está protagonizada por Harrison Ford, Rutger Haueir, Sean Young e Edward James Olmos. A entrada é libre ata completar o aforo.