CAFÉ MODERNO | 18.00 HORAS
26 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Cunha visita comentada, hoxe ábrese unha exposición sobre a obra en papel de Keith Haring, un dos iconos da moderna cultura norteamericana. Os famosos debuxos do creador que cambiou para sempre a forma de narrar a través das imaxes, tomando como inspiración a pantalla do televisor e os seus debuxos animados, veñen avalados polas máis de 10.000 visitas que tivo na cidade de Ferrol. A mostra céntrase nos debuxos sobre papel que Haring comezou a alternar a partir do ano 1982 coas esculturas de gran formato en aceiro pintado, dentro dunha nova etapa. En 1986 abriu a súa mítica boutique, Pop Shop e deixou tamén a súa pegada no muro de Berlín, como antes fixera no metro de Nova York. Faleceu de sida no ano 1990.