Pechado o primeiro capítulo

PONTEVEDRA

Kiko da Silva culmina a parte inicial do mural co que decorará a sala infantil da Biblioteca Pública

28 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Di Kiko da Silva que un dos alicientes do traballo no que está empregando este verán, a decoración da sala infantil da Biblioteca Pública, é que enseguida ten a resposta do público. «Esto é un cambio na miña rutina, estou acostumado a traballar só, e normalmente os comentarios das miñas obras mos din cando están publicadas -sinala-. Aquí, sen embargo, teño o ''efecto obra''. Hai nenos, pero sobre todo persoas maiores, que van observando o meu traballo e dándome consellos».

Este público directo xa pode dar ao creador as súas opinións sobre a primeira parte do seu traballo, na que empregou estes dous últimos meses. O debuxo da Prehistoria, que amosa a un neno cargando un dinosaurio k.o., xa está listo para a crítica dos máis críticos, os nenos desta sala. «Os que viñeron hoxe -por onte- eran timidísimos, pero vese que lles gustou -engade Da Silva-. Tamén baixa moita xente das salas de arriba. Pero o máis divertido son sen dúbida as anécdotas con nenos». Precisamente a eles foi dedicado este primeiro debuxo para dar a bienvenida á sala: «Encántanlles os dinosaurios».

Contidos no blog

Algúns destes comentarios, como tamén as minuciosas explicacións do seu traballo, xa as colgara no seu blog (http://kikodasilva.blogspot.com). Como por exemplo a dun neno que lle advertiu que lle ían reñir por pintar a parede. «É moi divertido e se non lles gustase, xa me preocuparía», sinalou.

«Quizáis contaba con facer este primeiro debuxo en menos tempo -indicou o artista-, pero a superficie na que estou pintando estame a dar moito traballo. Por exemplo, esta última semana paseina pintando as escamas do dinosaurio nun proceso moi lento».

Hai que recordar que este mural pretende reflectir distintas etapas da historia mundual, co referente dos grandes clásicos da literatura. A idea é que esta historia siga unha evolución lóxica -o mesmo neno irá crecendo a medida que avanza o mural- de xeito que a parede que se adicará ao futuro se ubique na zona xuvenil, con Xulio Verne como referencia.

Da Silva aínda non ten claro se haberá seis ou oito debuxos, «todo depende que como quede o espazo», pero si que o seguinte é o dedicado a Grecia e Roma. Eso si, non quere adiantar nada sobre o seu contido.