A Biblioteca Pública prepara diversas actividades de fomento da lectura para escolares de toda a provincia
13 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.Desde o vindeiro mes de novembro e ata maio do 2008, a Biblioteca Pública de Pontevedra levará a cabo o seu programa de formación de usuarios e animación á lectura, aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.
Trátase dunhas visitas escolares dirixidas preferentemente a nenos entre 3 e 14 anos. Terán unha duración de sesenta minutos, nos que se desenvolverán diferentes actividades de animación adaptadas ás distintas idades dos participantes, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos do centro. Ademais os alumnos menos cativos aprenderán a desenvolverse e buscar libros ou consultar información nas salas da biblioteca.
Estas visitas, que deberán concertase antes, faranse todos os martes e xoves, en horario de mañá e en grupos de 30 alumnos, baixo a supervisión de persoal do centro, que dirixirá a actividade. O prazo de solicitude xa está aberto na Biblioteca Pública de Pontevedra, ubicada na rúa Alfonso XIII número 3 de Pontevedra, ou a través do teléfono 986 850 838.
A técnico da biblioteca, Concepción Carbajo Romero, preparou as actividades axeitadas ás idades dos escolares. Así, os nenos de 3 a 5 anos terán a oportunidade de disfrutar da proxeción dun conto en vídeo na primeira sesión.
Nunha segunda sesión, coñecerán a sala infantil da biblioteca que está a preparar o noso compañeiro, o ilustrador Kiko da Silva, con murais inspirados nos clásicos da literatura.
Esta presentación farase baixo o lema O rincón dos contos, con libros de imaxes, adiviñas, contos, poemas para debuxar e algunha que outra sorpresa. O que se pretende é que os nenos sexan os protagonistas coa súa participación. E na terceira sesión, poderán disfrutar cunha exposición bibliográfica do fondo máis atractivo e novidoso para os nenos, profesores e pais, xunto con guías de lectura e lectura individual.
Xogos
Aos nenos de 6 a 8 anos se lles presentará a sala infantil, facilitándolles información sobre os seus servizos. Baixo o lema ¿Que temos na biblioteca? poderán coñecer os seus fondos a través de libros de poesía, rimas e adiviñas, libros de imaxes e xogos, contos e narrativa en xeral, dun xeito moi participativo.
Os escolares de 9-10 anos xogarán á Tribiblioteca, con cuestións relacionadas co coñecemento dos fondos, a súa clasificación e ubicación na sala de lectura, e os de 10-11 anos, farán o propio Tras as pegadas da información, unha actividade que tamén farán os nenos de 12 a 14 anos, facendo búsquedas de informaciójn sobre coñecidos libros, autores, personaxes, lugares, etc., mediante os que descubren as diferentes fontes de información, aprenden a utilizalas e a integralas racionalmente no seu traballo persoal. Ademais, na banda de 9 a 14 anos, os técnicos presentarán a sala xuvenil da biblioteca, con información sobre a ordenación e clasificación do fondo de libros de consulta e imaxinación.
Ademais, a todos os participantes se lles darán guías de lectura.