A Sinfónica Bruckner actúa mañá en Caixanova

La Voz

PONTEVEDRA

15 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A Orquestra Sinfónica Bruckner de Linz ofrecerá mañá, sábado, un concerto no auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra, encadrado na programación desta institución, cun programa composto basicamente por pezas de Haydn e o compositor do que colle o seu nome, Bruckner. Concretamente, interpretará a Sinfonía concertante para violín, violonchelo, oboe fagot e orchestra en si bemol maior Hob. I:105, de Haydn e a Sinfonía número 6 en la maior, de A. Bruckner.

Esta orquestra é un afamado conxunto, tanto no seu país de orixe, Austria, como a nivel internacional, e agora está de xira por España. Onte actuóu en Madrid, hoxe o fará en Vigo, e tralo concerto de Pontevedra, seguira ruta hacia Valencia e o luns estará en Oviedo.

Desde fai xa máis de tres décadas é unha de orquéstralas líderes en Europa central, e aválana máis de 200 anos de historia e tradición ás súas costas.

Aínda que os seus programas céntranse especialmente nas obras do soado compositor A. Bruckner, tamén destaca polas súas interpretacións de pezas de Heinz Karl Gruber, Philip Glass ou Terje Rypdal. Tamén brillou baixo a batuta de directores como Sergiu Celibidache, Christoph von Dohnányi, Vladimir Fedosejev ou Marek Janowski.En Pontevedra, a batuta estará a cargo de Dennis Rusell Davies.

Director

Este director, a cabalo entre a Lyric Ópera de Chicado, o Metropolitan de Nova York e a Ópera de París, segue mantendo estreitas relacións laborais con moitos compositores, entre os que se inclúen Luciano Berio, John Cage, Philip Glass ou Aaron Copland. Baixo a súa batuta actuaron orquestras como as filarmónicas de San Francisco, Boston ou Nova York, e en Europa, a da Scala de Milán e as filarmónicas de Munich e Berlín, entre outras moitas.

O concerto está programado para ás 21 horas de mañá, sábado, e o prezo das entradas é de 24 euros para butacaro e palco, e 21 euros para palcos.

A vindeira cita coa música clásica na programación cultural de Caixanova será o día 8 do vindeiro mes de marzo, coa actuación da Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do seu director titular, Antoni Ros Marbà e acompañada pola violinista húngara Ildiko Oltai.

Xa no mes de abril, está previsto un concerto da Concertgebouw Kamer Orkest de Amsterda, e xa en maio, a Orquestra Filarmónica de Budapest estará o día 26, para pechar este apartado de música clásica do primeiro semestre deste ano.