A artista coruñesa Silvia Penide ofrece hoxe un concerto no Café Moderno, sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra. No mesmo, presentará o seu último traballo discográfico, titulado Desafinante crónica, unha aposta amparada pola persoal contundencia da súa voz.
O disco foi grabado nos estudos Abrigueiro da cidade de Lugo, coa producción de Arturo Vaquero e a colaboración dun bo grupo de múscos galegos.
Desafinante crónica é o terceiro traballo discográfico da artista, e está formado por once temas nos que sorprende a forza de cancións como Reventaba o Grandegigante, aínda que tamén hai temas naif como Tengo una casa, Como el aire o Como el viento o Tan fuertes.
Antes deste disco, gravou outros dous, Kilómetros e Invisible, e algúns dos seus temas, como Mi cielo, convertíronse en clásicos de programas da radiofórmula e serviron para fidelizar a todos os fans que se agrupan no seu foro web.
Desafinante crónica é o seu disco máis elaborado, no que a cantante coruñesa volve cun repertorio máis maduro, cunha voz moito máis matizada, coidados arranxos e unha gran forza emocional que logra cotas de intensidade nunca ata o momento desatadas.
Xira
Nos últimos catro anos, a cantante Silvia Penide actuou por toda España e tamén en escenarios de países como Italia, Croacia o Eslovenia. A súa proposta baséase na sinceridade, na proximidade, no inmediato e na dozura.
O seu concerto en Pontevedra está enmarcado na xira que a artista está a levar a cabo nos centros culturais de Caixa Galicia, e que rematará o vindeiro día 28 na Coruña.
E logo, xa no mes de marzo, actuará en Zamora, Madrid, Marbella, Almería, Granada, Sevilla e Cádiz, para continuar en abril por Barcelona e outras moitas cidades de España.
As entradas para o concerto, que terá lugar no Café Moderno, hoxe, ás 21 horas, pódense adquirirse na billeteira de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es), no teléfono 902 434 443, ou na propia sede do Café Moderno, a un prezo de 5 euros.