Os Xoves de Moda

E. L.

PONTEVEDRA

Divesos profesionais achegan aos alumnos da Escola Superior de Deseño á realidade do sector téxtil

27 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O ciclo Os Xoves de Moda é un programa de formación complementaria que a Universidade de Vigo pon en marcha nun contexto interdisciplinar relacionado cos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) e que se levará a cabo nos meses marzo, abril e maio na Casa das Campás.

O programa intenta ser un proxecto de continuidade coa vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito da Escola de Moda. É unha fiestra aberta que lle permitirá aos estudantes de Esdemga achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción e estilismo.

Os Xoves de Moda constan dun conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados co sector e, aínda co programa está dirixido concretamente á formación complementaria dos estudantes de Esdemga, ábrese a toda a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral.

Este primeiro xoves, 27 de marzo, a 19 horas terá lugar o primeiro seminario coa participación dos deseñadores de A Coruña Marga Massanet e Jacobo Cobián, dous licenciados en dereito, aínda que nunca chegaron a exercer, unidos polo seu interese pola moda. Se formaron profesionalmente en España, Londres e Los Ángeles, comenzaron a sua andaina como deseñadores no 2001 e no 2003 crearon a firma Masccob, contando con tres tendas no ámbito nacional. A súa marca ten caracter propio, estudan meticulosamente os texidos e coleres e no proceso creativo hai unha constante evolución do patronaxe, onde o corte e fundamental.

Ilustración

O seguinte xoves, 3 de abril, intervirá Arturo Elena, ilustrador de moda e colaborar permanente de revistas como Cosmopolitan, Elle ou Telva. Os seus debuxos serviron para ilustrar a presentación de deseños de Chanel, Loewe, Victorio y Luchino ou Roberto Verino, e para promocionar marcas como L?Oréal.

En vindeiras semanas tamén participarán nestes encontros e seminarios cos alumnos da Escola de Deseño e Moda, Carmén de Andrés, subdiretora do Museo do Traxe de Madrid; o pontevedrés Román Padín, crítico de arte e moda que colabora con distintos medios de presensa escrita; Carlos Díez, deseñador bilbaino que obtivo o Premio L?Oréal á mellor colección nova na Pasarela Cibeles 2006; a artista Montse Rego, deseñadora e creadora de obxectos, premiada en diversos certamenes e exposicións, así como Heriberto Otero, director da Axencia de Modelos New Models, con ampla experiencia na organizacións de desfiles de moda e, actualmente, director de estilismo da Televisión de Galicia.

Os últimos dous xoves de maio, o programa concluirá coas intervencións dos creadores da marca Rei Zentolo, coñecida sobre todo polas súas serigrafías en camisetas baixo un liña pop, e que deron vida tamén a marca Yobordo inspirada no arte naif. E cerrará a creadora de Malababa, Ana Carrasco, unha firma de deseño e confección de complementos que colaborou colaboruo con deseñadores como Javier Larrainza.