Unha exposición repasa na Biblioteca os últimos trinta anos en España a través das portadas de «El Jueves»
02 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Eran outros tempos, pero pode que as sensacións non varíen, ao menos para algúns. O 23 de mayo de 1977 a revista El Jueves salía á rúa (dicindo que se vendía os venres, aínda que logo pasaría aos mércores) cunha primeira portada de rompe e rasga titulada «España va de culo». Veinticinco pesetas e a vontade era o que pedían estes pioneros da banda deseñada en España por cada exemplar da publicación.
Desde entón, e ata a polémica portada dos Príncipes, que lles proporcionou máis publicidade que nunca no 2007, pasaron trinta anos, que a revista celebrou por todo o alto.
Tres décadas nas que a través destas primeiras páginas tamén pode facerse un completo repaso dos acontecementos máis importantes na historia desde a Transición.
Desde a lei do divorcio en 1979 ata o cambio climático (co famoso toro de Osborne substituido por un camello), que foi portada en enero do pasado ano, a exposición revisa os sucesos que preocuparon e fixeron rir aos españois, cunha selección realizada por Kiko da Silva e que xa se pudo contemplar no 2007 no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
A televisión en cor (desde a que se podería seguir a Terceira Guerra Mundial), o secuestro de Naranjito, o acceso da muller ao Exército, a entrada na OTAN, os impagos a Facenda de Lola Flores, as Olimpiadas de Barcelona, o suposto vídeo de Pedro J. Ramírez, o sexo en Internet, as bodas gais, a guerra en Afganistán ou as caricaturas de Mahoma son varias das portadas que reúne esta mostra ata o vindeiro día 30.