Fin de século en Palestina

E. L.

PONTEVEDRA

Miguel Anxo Murado participa no Clube da Lectura da Biblioteca coas súas vivenzas en Ramala e Xerusalén

24 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Clube da Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra contará hoxe coa presenza do escritor e xornalista Miguel Anxo Murado para comentar a súa obra Fin de Século en Palestina, galardonada co premio Libro do Ano 2008 da Asociación de Editores Galegos. O encontro terá lugar ás 19.00 horas na sala do primeiro andar da Biblioteca. Esta será a sexta lectura da segunda etapa deste club, que comenzou a funcionar a principios do mes de outubro co apoio da consellería de Cultura e do Concello de Pontevedra. Durante varias sesións, as vinte personas que integran o club xa foron comentando por fragmentos a novela Fin de século en Palestina e hoxe poderán contrastar as súas impresións co autor. En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Pelestina enviado polas Nacións Unidas. Alí permaneceu cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo ata presenciar atentados e bombardeos, pasando por ser portavoz oficial durante a visita do Papa. O seu libro e o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, «un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia». Ademáis de escritor, o lucense Miguel Anxo Murado é guionista de cine e televisiómn, realizador de documentais e xornalista. Como escritor, é autor de máis de vinte títulos. Comenzou a publicar moi novo, despois de obter aos 17 anos o premio Café Gijón de novela pola súa obra en castelán Metamorfosis benezianas. Desde entón ten escrito, principalmente en galego, libros de relatos e poesía. Entre os primeiros destaca Ruído, relatos de guerra, que acadou cinco edicións na súa versión en galego e logo foi traducido ó español e publicado pola editorial Montesinos. Longa traxectoria Outros títulos son Mercores de cinza, Memoria de derrribos e, máis recentemente, O Soño da febre. Canto á poesía, é autor de dous libros: Lapidario e Bestiario dos Descontentos, este último traducido ó inglés. Así mesmo, Murado escribiu ensaios literarios como Caderno de Xapón, libros de viaxes e recopilacións de artigos. En 1996 recibiu o premio Sanclemente de novela (ex-aequo com Antonio Tabucchi e Aníbal Malvar). Tamén é autor de duas obras de teatro estreadas: A grande noite de Fiz e Historias peregrinas. Como xornalista, Murado cubriu as guerras de Croacia e Bosnia e a Segunda Intifada palestina. Residiu en Oriente Medio varios anos, onde traballou primeiro como oficial de prensa das Nacións Unidas, asistindo ó goberno palestino, e máis tarde como correspondente en Xerusalén do Diario El Mundo. Actualmente colabora en prensa, radio e televisión. É columnista de La Voz de Galicia e analista de política internacional. Polo seu traballo como columnista recibiu no 2005 o premio Francisco Fernández del Riego. No 2006 publicou o ensaio La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina. Antes de Fin de Seculo en Palestina, a anterior obra comentada no Club da Lectura da Biblioteca foi Madame Bovary, de Flaubert, e a seguinte será Morning star, de Xosé Miranda.