A compañía Payasolandia presenta o espectáculo infantil «La mar de divertido» no Teatro Principal

La Voz

PONTEVEDRA

31 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A compañía galega de circo-teatro Payasolandia presenta hoxe e mañá, con dúas funcións diarias, o seu espectáculo La mar de divertido, dirixido a un público infantil e familiar.

Jesús Santos, Rampín en Payasolandia, representa a sétima xeración da familia de pallasos que comezou no oficio ala polo ano 1706.

No transcurso deste espectáculo, que ten como fío condutor o mundo submarino, participan un total de 18 personaxes entre pallasos, acróbatas, contorsionistas, malabaristas, magos, músicos e os personaxes máis coñecidos da televisión entre os rapaces, como poden ser Pocoyó, Bob Esponja ou Shin Chan, entre outros moitos.

Tres personaxes mariños saen á superficie para queixarse da sucidade dos humanos e aparecen en Payasolandia cando está a punto de comezar a función.

O espectáculo preséntase hoxe en funcións de 17 e 19.30 horas, e mañá, domingo, ás 12 e as 17 horas.

As entradas poranse á venda no despacho de billetes do Teatro Principal media hora antes do comezo de cada función, ao prezo único de 10 euros.