Música cubana e a súa obra centran a homenaxe na Fundación Neira Vilas ao cumprirse un ano do falecemento da escritora
25 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.As verbas da escritora Anisia Miranda volveron a resoar onte nas salas da Fundación Xosé Neira Vilas de Gres (Vila de Cruces), o seu fogar durante preto de dúas décadas e dende onde fixo unha intensa labor cultural man con man co autor de Memorias dun neno labrego . Foi na homenaxe tributada ao cumprirse un ano do seu pasamento e no que tivo especial presenza a súa terra natal, Cuba. A bandeira, sons destas terras caribeñas da man dun sexteto cubano, pero tamén as escritoras cubanas Leticia Pavó, que recitou poemas do libro de Anisia Miranda Esta es Cuba, hermano , e Nieves Leonard.
Foron moitos os amigos e familiares, así como figuras da cultura as que onte se acercaron a Gres para lembrar a Anisia Miranda. O auditorio quedouse pequeno para acoller aos asistentes. Xose Neira Vilas agradeceu esta nova homenaxe póstuma a súa dona, especialmente ao grupo cubano e a Leticia Pavó, unha das principais promotoras do acto.
A homenaxe comenzou cunha semblanza da escritora falecida a cargo de Luis Reimóndez. Posteriormente, Valentín García leeu Anisia do libro Dende Gres de Neira Vilas, e Ofelia Otero, coplas de Un ano sen ti. Esta homenaxe dálle continuidade aos actos celebrados este xoves coincidindo co ano da súa morte na igrexa da súa parroquia.