O nacionalista asegura que non gobernaría en minoría e que prefire reeditar o pacto
14 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Miguel Anxo Fernández Lores acusa á Xunta de boicotear á cidade e a Telmo Martín de deslealtade incluso no persoal. Asegura sentirse máis cómodo nunha coalición que nun goberno en minoría como o primeiro no que foi alcalde e aposta «pola cultura do diálogo».
-¿Está mais forte que nunca?
-Teño unhas boas percepcións na cidadanía. Creo que temos moitísimo que ofrecer. Teño un equipo polo que me sinto moi arroupado. Estamos tratando de transmitir a nosa mensaxe para que chegue e tamén facendo as críticas aos nosos contrincantes.
-Os seus rivais din que o modelo está agotado.
-A min me parece que empezamos unha reforma urbana que era necesaria. Non a rematamos, obviamente. Tes que continuar. ¿Que vas facer? ¿Arreglar un 60% das rúas e o resto non? Tes que continuar. Pero cando se fala de arranxar rúas se trata de meterlle todos os servizos, o gas, a banda larga, induscutiblemente tomando medidas en superficie con criterios de seguridade e mellora de accesibilidade e mobilidade urbana, aforro enerxético... Hai algúns que poden dicir que van dar clase de inglés, pero eso non é da súa competencia. Eso é unha estupidez. Outra cousa é que se discuta o modelo. E eso o discuten, uns máis e outros menos.
-Os seus rivais falan dun modelo excesivamente pechado para faciliar o acceso a cidade, de falta de transporte público...
-Nós nunca dixemos que non houbera problemas nos accesos a cidade. De feito estamos executanto obras que cremos que van resolver certos problemas. A mobilidade dentro da cidade non depende do modelo de peatonalización. A reducción de tráfico dentro da cidade é un modelo que eu me atrevería a dicir que en cinco ou dez anos non se discutirá en ningunha cidade. Outra cousa é se dentro do tamaño da cidade e das distancias que hai na cidade se precisa un transporte estrictamente dentro do casco urbano. Porque liñas interubanas hainas. Hai autobuses que chegan de Ponte Caldelas, Canicouva, Vilagarcía, O Grove, Marín... Nós fixemos un acordo para o transporte Monte Porreiro-Pontevedra que é o máis barato de Galicia, pero non logramos aumentar o uso para nada.
-Ou sexa que non ve viable un autobús público na cidade.
-Non. Eu vexo viable todo. Pero estou esperando a que as liñas interubanas se cordinen e poñan un billete único. Coordinemos todo esto, porque hai vinteoito liñas que chegan a cidade.
-¿Tense arrepentido de non acometer a ronda urbana con fondos municipais como dixo no 2006?
-A ronda urbana é necesaria, pero non existe no planeamento. O Concello non a pode executar, ten que ter un proxecto que ten que ser aprobado pola Administración autonómica ou a través dun convenio coa Deputación. Nós intentamos comprometer á Xunta. A Xunta bipartita tardou moito tempo, teño que dicilo, e polo tanto non se executou. O goberno seguinte, en principio, a aceptou, eu quero dicilo claramente. Este proxecto adxudicouno despois de estar dous meses no goberno Feijoo. Agora acordoulle que non o quería. Nós mandamos para alá un planeamento. Agora facemos un proxecto de trazado e se nolo aproban o faremos.
-Esa ronda, se a autoriza a Xunta, ¿faría o Concello?
-Si, si, claro que si.
-¿E a canto se iría?
-A menos de trinta millóns de euros. O que sí faríamos son os tramos imprescindibles.
-Aí a clave é o PXOM. Como está esto. Porque o PP xa adiantou que reformaría esta plan e o remataría en 18 meses.
-Permitame que me ría. É certo que levamos moito tempo. Hobo moitas variacións na lexislación. Houbo incluso enfoques distintos. Nós non temos ningún pleito urbanístico gordo nin cousas dese estilo. Nós queremos facer as cousas ben. Iniciamos negociacións co Goberno bipartito. Entón se falou de que poderíamos crecer en 25.000 viviendas. Co Goberno actual se baixou. Nós estamos intentando racionalizar a cousa, como mínimo 12.000 vivendas. algo no rural e algo no urbano. Propoñemos polígonos industrias novos, unha cidade deporetiva, pero non lles vale nada.
-¿Atreveríase a dar un prazo?
-Pero que pasa, ¿que depende do señor Louro que se aprobe?, ¿que depende do señor Martín. E que non depende de min. Se dependera de min xa estaba aprobado. Eu creo que aquí hai un boicot ao planeamento de Pontevedra igual que hai un boicot a outras moitas cousas. Avalado ademáis polo señor Telmo Martín.
-¿Que me di do paro?
-Hai un nivel de paro altísimo en Pontevedra igual que o hai en todas as cidades. Home.. Eu desde que estou de alcalde se encheou o polígono de O Campiño, se ampliou en sesenta mil metros... Aí se instalaron da orde de mil quinientos postos de traballo. Se fixeron empresas no porto de Marín... Contei 170 naves fóra de polígonos industriales que están exercendo a súa actividade en Pontevedra. Dicir que a culpa do para a ten un alcalde é ser demagogo... Temos da orde oito mil persoas traballando no comercio local que non teñen unha competencia desleal das grandes superficies.
-¿Por que Pontevedra non pode albergar una fábrica de pasta ecolóxica? ¿Por que un acordo no pleno pecha esa posibilidade?
-Porque non. Porque é unha empresa que é insalubre, nociva e perigosa, porque debe estar a dous kilómetros de núcleos habitados.
-¿Contempla un goberno en solitario do BNG sen marioría absoluta?
-Nós temos unha historia detrás. Sempre defendemos que se non hai unha maioría suficiente para gobernar pois o normal é chegar a acordos. Somos unha forza de esquerdas e nacionalista e vamos chegar a un acorco cunha forza de esquerdas. Eso faise en todos os sitios. Tamén o fai o PP no País Vasco ou en Canarias. O que pasa e que aquí, como non lle convén... Podes chegar a acordos de goberno ou podes chegar a uns acordos puntuias, como fixemos nós no primeiro mandato no que o PSOE nos votou a alcaldía e logo tiñamos uns acordos anuais nos orzamentos. Pero nós gobernábamos e eles non. No segundo quixeron entrar, e eso que poidemos gobernar en solitario.
-¿En que modelo se sinte máis cómodo?
-Eu me sinto máis cómodo... en calquer modelo. E vouche dicir: me sinto máis cómodo nun goberno de coalición, fíxate. Porque, independentemente de que se tes maioría absoluta e podes gobernar en solitario tes mais axilidade desde o punto de visto executivo, tamén é verdade que te equivocas mais facilmente. O feito de ter que negociar certas cousas e repensalas e positivo. Nós estamos metidos nunha cultura do diálogo e polo tanto somos capaces de chegar a acordos con outas forzas políticas.
-¿Por que hai tanta tensión con Telmo Martín?
-Porque é unha persona que non lle quere a esta cidade. Os seus intereses non son mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Diferencias ideolóxicas, as que queiras, pero é unha persona que non é de fiar, eu non podo estar con ela, que se dedica a meter no xulgado canta cousa hai, a intentar manipular... A primeira vez que tiven unha reunión con el nunha xunta de portavoces -e esto é a primeira vez que o conto nun medio- díxome, «¿tu cuánto vas a cobrar como alcalde y por qué no cobras como el presidente de la Diputación?». Porque non o son. Vou cobrar o que cobraría como médico: sesenta e dous, sesenta e tres mil euros. E despois desto foi a un pleno a dicir que eu cobraba demasiado e que me estaba aproveitando do meu cargo..
-¿E se gaña Telmo Martín?
-Traballaría por Pontevedra na oposición. Tamén se pode.
«Se gaña Telmo Martín, traballaría por Pontevedra na oposición. Tamén se pode»