Terra para traballar

X. R. González

PONTEVEDRA

25 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Hai anos, os produtores acollíamos con satisfacción o anuncio da Xunta de acometer unha ambiciosa concentración parcelaria, que regularizaría máis terra para traballar. Parece descafeinado. Agora Medio Rural anuncia que coa nova lei de Mobilidade da Terra a Xunta asumirá 320.000 parcelas que están en mans de propietarios descoñecidos. Non nos parece mal esta medida; pero é unha gota nun mar de abandono dun millón de hectáreas. Parece que Samuel Juárez se conforma con ben pouco, xa que cos parámetros que previsiblemente estarán presentes na nova PAC, nos que se prima o factor territorial para o reparto de axudas, os agricultores vanse atopar con dificultades para poder acceder a eses fondos. Andalucía, por exemplo, si ten presente esta realidade e incrementaron a superficie agraria. Unhas dificultades que se verían resoltas se se aplicasen políticas operativas que saquen a luz as hectáreas que abandonadas ou que se dedican, fóra da lei, a outro uso coma o forestal.