«Canta o cuco», da man de Uxía e de Magín Blanco

La Voz

PONTEVEDRA

Uxía e Magín Blanco, en «Canta o cuco»
Uxía e Magín Blanco, en «Canta o cuco» . Juan GRondona< / span>

O espectáculo terá lugar o domingo, ás 12 horas, no auditorio do Pazo da Cultura

03 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A programación de Culturgal se reparte en función da diversidade do publico e ao segmento infantil vai dirixida a estrea de Canta o cuco.

Trátase dunha novidade editorial e musical da man de Uxía e Magín Blanco, dous artistas de recoñecido prestixio no panorama musical infantil, que nesta obra unen o seu traballo para render unha homenaxe a Manuel María, a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas o próximo ano.

No acompañamento musical participan figuras de excepción como Gille Fernández e Santi Cribeiro, antigos compoñentes da formación de música galega Berrogüetto. Este espectáculo tamén é de pago.