Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O filme «Diario íntimo de Adele H.», no Principal

La Voz

PONTEVEDRA

06 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19 horas • Teatro principal • dato • O Ciclo de Cine e Saúde Mental O oficio de vivir, organizado por Taller Abierto e impulsado pola Concellería de Benestar Social en colaboración co Cineclube Pontevedra, regresa esta tarde ás 19 horas ao Teatro Principal de Pontevedra coa proxección do filme Diario íntimo de Adèle H., dirixido por François Truffait e con Isabelle Adjani como protagonista. Tal e como aconteceu na primeira sesión, o experto Suso Novás fará unha presentación e contextualización da película e ao remate da proxección, o doutor Víctor Pedreira, ex xefe do Servizo de Psiquiatría do CHOP, fará unha análise profunda que dará paso á quenda de preguntas e posterior coloquio.