![](https://img.lavdg.com/sc/8u8Y6Ynmr6l4WUwxSppNBo4Hf7I=/480x/2020/11/28/00121606591982995570139/Foto/PN29C10F3_203137.jpg)
Nunha edición marcada pola crise sanitaria, a Xunta volveu a estar presente como patrocinador principal da Culturgal, cita que programou máis de setenta propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia. Na xornada de onte, o Goberno galego ofreceu un avance da súa programación cultural para o vindeiro ano, de tal xeito que o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, incidiron na necesidade de fomentar a produción cultural nas súas diversas vertentes, así como de estimular a oferta e a participación social. Engadiron que a Consellería de Cultura traballa na configuración de máis de mil eventos que van desde exposicións, espectáculos, concertos e proxeccións ata obradoiros, festivais e congresos.
Así mesmo, este sábado, a Consellería de Emprego promoveu a participación do sector cultural da economía social na Feira de Industrias Culturais.